Escudo Concello de Vigo

Transparencia

Suxestións e Reclamacións

Pode usar os formularios de queixas e suxestións para manifestar a insatisfacción ou presentar iniciativas para a mellora na calidade do servizo prestado de acceso á información.

As queixas non terán carácter de recurso administrativo nin a súa presentación interromperá os prazos establecidos na normativa vixente. A presentación de queixas non supón, de ningún xeito, a renuncia ao exercicio doutros dereitos e accións que poida exercer a cidadanía.

As canles para facer chegar á Administración, as queixas e suxestións poden ser:

  • Teléfono: É o método máis rápido de resolver a súa queixa ou suxestión. (Recomendado). Custo da chamada
    • 010 (para chamadas realizadas desde a cidade de Vigo).
    • 986810260 (para chamadas desde a cidade de Vigo e desde fóra do municipio de Vigo).
  • Presencial: Nas oficinas dos organismos correspondentes.

Avisos

No caso de que non se queira aportar identificación do interesado pódense mandar avisos para a mellora dos servizos municipais pero non poderá recibir información de resposta nin seguir o seu estado da súa tramitación.

Observacións

O dereito a presentar queixas e suxestións corresponde a toda a cidadanía, podendo ser exercitado por toda persoa física ou xurídica sen limitación algunha.

As queixas e suxestións serán tratadas de forma individual e cun seguimento da súa tramitación. Deberán conter como mínimo o nome e apelidos, o enderezo, o Documento Nacional de Identidade ou o seu equivalente e a exposición do seu obxecto.

Non se admitiran as queixas que estean pendentes de resolución xudicial, as anónimas e aquelas nas que se advirta abuso de dereito, carencia de fundamento, inexistencia de pretensión, así como aquelas outras cuxa tramitación irrogue prexuízo ó lexítimo dereito de terceira persoa.

 

Concello de Vigo - Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100