Transparencia
A Lei de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno (LTBG) prevé que información deben publicar as Administracións Públicas para coñecemento dos cidadáns. Toda esta información queda recollida no Portal da Transparencia.
Adicionalmente á información publicada no Portal da Transparencia, o cidadán poderá exercer o seu Dereito de Acceso. Este novo dereito garante a posibilidade de levar a cabo consultas sobre datos e información pública.
O dereito de acceso poderá ser limitado nos supostos que contempla a Lei, entre outros: Seguridade Nacional, Defensa, Política económica e monetaria, para a protección de datos de carácter persoal, etc.
O exercicio do Dereito de Acceso abre coa administración un Procedemento Administrativo que esixe a identificación do solicitante.
Pode exercer o seu Dereito de Acceso, tanto presencialmente como por internet, a través do procedemento habilitado ao efecto:
Concello de Vigo - Servizo de Administración Electrónica
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 010 - 986810100