Escudo Concello de Vigo

Transparencia

Plan de seguimento e avaliación da transparencia e o bo goberno

Avanzando no compromiso do Concello de Vigo coa transparencia e o bo goberno, a Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do 22 de marzo de 2018, aprobou o "Plan de seguimento e avaliación da transparencia e o bo goberno municipal", no marco das obrigas legalmente establecidas e do Código de Bo Goberno municipal.





ACORDOS ADOPTADOS NO MARCO DO PLAN DE

SEGUIMENTO E AVALIACIÓN

Atendendo á configuración legal das obrigacións en materia de transparencia e as derivadas do Código de Bo Goberno municipal, o Concello de Vigo aprobou o “Plan de seguimento e avaliación da transparencia e o bo goberno municipal” pola Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria do 22 de marzo de 2018. O desenvolvemento e execución do Plan foi delegada no concelleiro-delegado de Xestión Municipal, Persoal, Patrimonio e Administración Electrónica, e a súa coordinación foi encomendada á Secretaría de Goberno Local.


No acordo de aprobación do Plan de seguimento e avaliación da transparencia e o bo goberno municipal incluíronse catro medidas a desenvolver en execución do mesmo:

  1.  Elaboración da Memoria de Transparencia e Bo Goberno do Concello de Vigo, de carácter anual. Memoria aprobada pola Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria do 31/01/19. (enlace)
  2.  Elaboración das Fichas de indicadores de transparencia como instrumento para garantir a actualización e o subministro da información destinada á publicación no Portal de Transparencia. Fichas técnicas aprobadas pola Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria do 12/07/18. (enlace)
  3.  Establecer unha periodicidade mensual para a elaboración e a correspondente publicación no Portal de Transparencia do Concello de Vigo das Estatísticas relativas ao uso do Portal. (enlace)
  4.  Establecer unha periodicidade trimestral para a elaboración e a correspondente publicación no Portal de Transparencia do Concello de Vigo das Estatísticas relativas ás solicitudes de acceso á información pública. (enlace)

Posteriormente, e como resultado dos traballos de análise e revisión do Portal de Transparencia do Concello de Vigo derivados do desenvolvemento do Plan de seguimento e avaliación procedeuse a unha reestruturación e adecuación dos contidos do Portal de transparencia, co obxectivo de facelo máis accesible e intuitivo para o conxunto da cidadanía dando así continuidade ao obxectivo de impulsar o desenvolvemento da política municipal en materia de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.


A modificación do portal de transparencia implementouse definitivamente o 1 de febreiro de 2019, sendo un procedemento aberto e en permanente evolución. (enlace)


Dende entón fóronse realizando numerosos cambios orientados fundamentalmente cara a consecución dunha maior accesibilidade e de cara a ampliar a información dispoñible; de feito no seu inicio foron aprobados 131 conxuntos de datos para a súa publicación no Portal e actualmente este número xa se elevou a 158.

Memoria transparencia e bo goberno 2021-2022

Memoria de transformación dixital-2019

Observatorio e estatísticas de transparencia


Texto íntegro do acordo de aprobación


 

Concello de Vigo - Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100