Escudo Concello de Vigo

Transparencia

Ver en odt

EVOLUCIÓN ÍNDICE DE TRANSPARENCIA DE AYUNTAMIENTOS (ITA)



O “Índice de Transparencia de los Ayuntamientos” (ITA) é un sistema de avaliación ideado pola ONG Transparencia Internacional á fin de medir a calidade e cantidade de datos que os concellos aportan no seu portal de transparencia. Coas notas obtidas en varias cualificacións, elabórase un ránking, unha listaxe ordenada de 0 a 100 onde maior puntuación implica maior nivel de transparencia.


Con inicio no 2008, ao decorrer dos anos foi aumentando o número de concellos do programa e actualmente son avaliados os 110 mais grandes de España máis algúns poucos que se adheriron voluntariamente.


Neste ano 2017 produciuse a derradeira avaliación e por este motivo e tamén para incrementar a publicidade activa que ofertamos no concello, creouse un Grupo Técnico de Traballo de transparencia e Acceso á Información Pública do Concello de Vigo (Expediente 66/1102). A labor deste grupo foi preparar o Portal de Transparencia e a Sede Electrónica para este exame coa incorporación de novos contidos e revisión dos anteriores de acordo coas directrices previas e aumentando os nosos niveis de transparencia e publicidade o máximo posible.

A avaliación consiste nun total de 80 índices que son puntuados de acordo a seguinte maneira: se son desestimados por incumprimento, se lles outorga 0 puntos, se son estimados pero só parcialmente, se outorga una puntuación de 0,5 puntos, e se se supera, 1 punto.


Estes 80 índices están repartidos en 5 grandes áreas repartidas a súa vez en subáreas de modo que seguen a seguinte estrutura:

  1. )  TRANSPARENCIA ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL (21)
     1. Publicidade activa sobre cargos, persoal e retribucións do concello (8)
     2. Publicidade activa sobre a planificación, organización e patrimonio do
     concello (6)
     3. Publicidade activa sobre os órganos de goberno municipais, informes e
    resolucións xudiciais (7)
  2. )  PÁXINA WEB, RELACIÓNS COS CIDADÁNS E A SOCIEDADE, E PARTICIPACIÓN CIDADÁ (15)
    1. Páxina web do concello e servizos municipais (8)
    2. Participación cidadá e información de interese para o cidadán (7)
    Portal de
    Transparencia
  3. )  TRANSPARENCIA ECONÓMICO-FINANCEIRA (11)
    1. Información contable e orzamentaria (6)
    2. Transparencia nos ingresos, gastos e débedas municipais (5)
  4. )  TRANSPARENCIA NAS CONTRATACIÓNS, CONVENIOS, SUBVENCIÓNS E CUSTOS DOS SERVIZOS (12)
    1. Contratacións (7)
    2. Convenios, encomendas de gastos e subvencións (3)
    3. Subministradores e custos dos servizos (2)
  5. )  TRANSPARENCIA EN MATERIAS DE URBANISMO, OBRAS PÚBLICAS E MEDIO AMBIENTE (12)
    1. Plans de ordenación urbana e convenios urbanísticos (5)
    2. información sobre licitacións de obras públicas (4)
    3. Urbanismo e obras de infraestrutura (3)
  6. )  DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN (9)
    1. Visibilidade, canais e características do acceso á información pública (6)
    2. Reclamacións e avaliación do dereito de acceso á información pública (3)

Tras varios meses de traballo, o 07.07.2017 fanse públicos os datos do Índice de Transparencia de los Ayuntamientos (ITA) para o ano 2017, nos que o Concello de Vigo acada unha puntuación de 98,8 puntos sobre 100, o que o sitúa en terceiro lugar no ránking nacional.


Empatados no primeiro lugar un total de 25 concellos cunha puntuación perfecta:
Alcobacense, Alacant, Barakaldo, Barcelona, Bilbao, Gasteiz, Getxo, Gijón, Girona, Huelva, Jerez de la Frontera, Las Palmas de Gran Canaria, Las Rozas, León, Lleida Logroño, Madrid, Manresa, Oviedo, Pozuelo de Alarcón, San Cristóbal de La Laguna, Soria, Terrassa, Torrejón de Ardoz, Torrent e Vitoria-Gasteiz.

Empatados no segundo lugar cunha puntuación de 99,4: Cornellá de Llobregat e Guadalajara.


E no terceiro lugar da lista de tódolos municipios de España atópase o Concello de Vigo, cunha puntuación de 98,8, empatado con: Cáceres, Palma de Mallorca e Valladolid.

A puntuación é sen dúbida moi próxima ao 10 e representa o cumio dunha tendencia alcista que avanza cara a perfección, obxectivo que cada vez é mais complicado ao aumentar tamén en cada avaliación as esixencias de Transparencia Internacional, tanto en número como en calidade. As puntuacións do Concello de Vigo sempre foron altas pero a serie temporal desprende unha vontade de mellora continua e un afán liderar e representar a vangarda no eido local e administrativo.

               

Cuadro comparativo de la evaluación de transparencia ITA para el Ayuntamiento de Vigo

Evolución comparativa de las evaluaciones del Ayuntamiento de Vigo frente a otros ayuntamientos:


 

Concello de Vigo - Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100