Escudo Concello de Vigo

Transparencia

Publicidad activa

Que é a Publicidade Activa?

É unha información agrupada nas categorías definidas na lei, que as administracións públicas deberán publicar de forma periódica e actualizada para garantir a transparencia da súa actividade.

Neste Portal da Transparencia do Concello de Vigo facilítase o acceso dos cidadáns a toda a información institucional, organizativa, de planificación, de relevancia xurídica, económica, presupuestaria e estatística prevista na Lei correspondente ao Concello de Vigo e organismos autónomos.

Que información se publica no Portal?

A Lei regula a publicación das seguintes categorías de información no que se coñece como Publicidade Activa:

Información organizativa

  • Funcións que se desenvolven nos organismos.
  • Normativa de aplicación.
  • Estrutura: organigrama con identificación dos responsables das unidades, o seu perfil e traxectoria profesional.
  • Plans e programas anuais, obxectivos, grado de cumprimento e resultados.

Información de relevancia xurídica

  • Directrices, instrucións, acordos, circulares, respostas a consultas (que supoñan unha interpretación do Dereito ou produzan efectos xurídicos).
  • Anteproyectos de Leis ou de Decretos Legislativos.
  • Proxectos de Reglamento.
  • Memorias e Informes incluídos nos expedientes de elaboración de textos normativos.
  • Documentos que deban ser sometidos a información pública.
  • Punto de acceso para facilitar a participación pública no procedemento de elaboración de normas, en base ao establecido no artigo 133 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, para a transparencia, publicidade e participación no proceso de elaboración de normas regulamentarias.
  • Inventario de actividades de tratamento, en base ao artigo 31.2 da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección dos Datos Persoais e Garantía de Dereitos Dixitais.

Información de contido económico

  • Contratos.
  • Convenios e encomendas de xestión.
  • Retribucións e indemnizacións de altos cargos.
  • Retribuciones de altos cargos.
  • Subvencións e axudas públicas.
  • Orzamentos.
  • Contas anuais. Informes de auditoría de contas e de fiscalización.
  • Resolucións de compatibilidades que afecten aos empregados públicos. Declaracións de bens, incompatibilidades e actividades dos membros da Corporación.
  • Información estatística de grado de cumprimento dos servizos públicos.
  • Bens inmobles.

Volver ao inicio

Existe algunha restricción á publicación da información?

En efecto. Poida que a información non poida publicarse porque afecte a cuestións sensibles como a seguridade nacional, a defensa ou a protección de datos persoais. Nestes casos, deberá comprobarse si, verdaderamente, a publicación afecta aos límites que a Lei prevé ou, para o caso dos datos persoais, si estes poden eliminarse do documento que se publique.

Volver ao inicio

Que ocorre si non atopo información no Portal?

En principio, a información máis relevante para o cidadán e de frecuente acceso estará dispoñible no Portal de xeito accesible, reutilizable e interoperable. Se o interesado necesita máis información ou necesita máis detalle, entón, poderase acceder ao servizo de solicitude de información pública que é un dereito regulado pola lei de transparencia e bo goberno. Este servizo atópase dispoñible no Portal.

Volver ao inicio

 

Concello de Vigo - Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100