Escudo Concello de Vigo

Transparencia

Validación de documentos

As copias realizadas en soporte papel de documentos públicos administrativos emitidos por medios electrónicos e asinados electronicamente terán a consideración de copias auténticas sempre que inclúan a impresión dun código xerado electronicamente ou outros sistemas de verificación que permitan contrastar a súa autenticidade mediante o acceso aos arquivos electrónicos da Administración Pública, órgano ou entidade emisora. (Art. 30.5 Lei 11/2007)

A Sede Electrónica permite contrastar a autenticidade mediante o acceso aos documentos electrónicos orixinais dos seguintes documentos emitidos electronicamente:

Documentos asinados polo Concello de Vigo

Os documentos electrónicos  oficiais emitidos polo Concello de Vigo están asinados con certificado electrónico.

Estes documentos teñen unha versión securizada con inserción dun código CSV (Código Seguro de Verificación) que permite obter unha copia papel auténtica do documento orixinal asinado. Desta forma aínda que o documento imprímase e pérdase a sinatura electrónica sempre se pode garantir a súa integridade e autenticación.

Estes documentos securizados permiten exercer a súa validación de duas formas:

  • Formulario de validación de documentos por CSV
  • Validación mediante códigos QR: Pode validar o documento directamente mediante o código QR da banda inferior do documento utilizando a cámara do seu teléfono móbil con calquera aplicación de códigos QR (para Android, iOS, Blackberry o Windows Phone)
 

Concello de Vigo - Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100