Transparencia
Pode usar os formularios de queixas e suxestións para manifestar a insatisfacción ou presentar iniciativas para a mellora na calidade do servizo prestado de acceso á información.
As queixas non terán carácter de recurso administrativo nin a súa presentación interromperá os prazos establecidos na normativa vixente. A presentación de queixas non supón, de ningún xeito, a renuncia ao exercicio doutros dereitos e accións que poida exercer a cidadanía.
No caso de que non se queira aportar identificación do interesado pódense mandar avisos para a mellora dos servizos municipais pero non poderá recibir información de resposta nin seguir o seu estado da súa tramitación.
O dereito a presentar queixas e suxestións corresponde a toda a cidadanía, podendo ser exercitado por toda persoa física ou xurídica sen limitación algunha.
As queixas e suxestións serán tratadas de forma individual e cun seguimento da súa tramitación. Deberán conter como mínimo o nome e apelidos, o enderezo, o Documento Nacional de Identidade ou o seu equivalente e a exposición do seu obxecto.
Non se admitiran as queixas que estean pendentes de resolución xudicial, as anónimas e aquelas nas que se advirta abuso de dereito, carencia de fundamento, inexistencia de pretensión, así como aquelas outras cuxa tramitación irrogue prexuízo ó lexítimo dereito de terceira persoa.
Concello de Vigo - Servizo de Administración Electrónica
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 010 - 986810100