Transparencia
Todas as persoas teñen dereito a acceder á información pública. As administracións están obrigadas polo actual marco normativo a dar publicidade por medio dos seus portais web de transparencia a determinadas informacións de xeito activo. Tamén deben satisfacer ás peticións de información que lles dirixa calquera persoa física ou xurídica.
No caso de que as peticións de acceso a esa información pública non sexan satisfeitas (silencio) ou non respondan ao esperado, existe en Galicia un órgano de control, a Comisión da Transparencia, ante a que pode presentar a súa reclamación dun xeito áxil e sinxelo. A reclamación substitúe ao tradicional recurso administrativo.
A Comisión da Transparencia é un órgano colexiado independente adscrito á institución do Valedor do Pobo ao que lle corresponde resolver as reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
Un mes desde o día da resolución por parte do organismo afectado.
A Comisión da Transparencia ten habilitados varios modos para atender a súa reclamación, ademáis de facelo por medio do formulario en liña existente, pode dirixirse:
Un prazo máximo de tres meses. Se non se realiza nese prazo, entenderase a reclamación como desestimada pola Comisión da Transparencia e só impugnable en vía contencioso-administrativa.
Concello de Vigo - Servizo de Administración Electrónica
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 010 - 986810100