Transparencia
Como protexemos os teus datos neste portal
O Concello de Vigo comprométese a garantir a protección da túa privacidade e dos teus datos persoais tamén cando consultas a información publicada neste Portal de Transparencia.
A publicación de datos e documentos neste portal faise cumprindo o Regulamento (UE) 2016/679 (Regulamento Xeral de Protección de Datos) e a Lei orgánica 3/2018, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, aplicando os principios de minimización, privacidade desde o deseño e por defecto.
Se consideras que algún contido deste portal pode vulnerar o teu dereito fundamental á protección de datos, podes poñerte en contacto co Delegado ou Delegada de Protección de Datos do Concello de Vigo a través do enderezo electrónico indicado na información xeral de protección de datos da Sede Electrónica.
Concello de Vigo - Servizo de Administración Electrónica
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 010 - 986810100