Escudo Concello de Vigo

Transparencia

Presentación

O Concello de Vigo atópase fortemente comprometido coa transparencia e a ética pública no goberno e xestión dos intereses da súa veciñanza. Como mostra do seu compromiso ademáis da súa actuación xestión diaria o goberno ten adoptado acordos encamiñados a profundizar na aposta por un modelo de goberno íntegro, innovador e na procura da mellora permanente.

Nesta liña cómpre dar publicidade aos puntos de maior relevancia para a cidadanía no seu coñecemento do marco de integridade institucional na xestión municipal:

transparencia internacionalAvaliación da Transparencia a través do Índice de Transparencia de Ayuntamientos de Transparencia Internacional.

Xestión municipal que no caso de Concello de Vigo se caracteriza pola súa aposta pola transparencia, aínda antes da entrada en vigor da Lei de Transparencia, como o amosan os resultados do Índice de Transparencia de Transparencia Internacional.

Rede de Entidades Locais pola Transparencia e a Participación CidadáAdhesión do Concello de Vigo á Rede de Entidades Locais pola Transparencia e a Participación Cidadá

O pleno do Concello de Vigo adoptou o 28 de abril de 2015 acordo de adhesión á Rede de Entidades Locais pola Transparencia e a Participación Cidadá.

Federación española de municipios e provinciasAdhesión ao Código de Bo  Goberno Local da FEMP

O pleno do Concello de Vigo, por unha unanimidade, adheriuse ao Código de Bo Goberno Local da FEMP en acordo de data de 30 de novembro de 2015, como instrumento que satisface as demandas éticas e democráticas derivadas do alto nivel de esixencia aplicable aos responsables públicos, en canto depositarios de un mandato representativo cidadán, na súa utilidade e eficacia como instrumento para o reforzamento da ética na xestión municipal.

 

Concello de Vigo - Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100