Escudo Concello de Vigo

Transparencia

Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

iconos ODS

A traxectoria do goberno municipal dos últimos anos estivo orientada cara a consolidación de Vigo como unha cidade activa e promotora da igualdade, a innovación e a cohesión social.


Esta actividade municipal materializouse no desenvolvemento de políticas consontes cos Obxectivos para o Desenvolvemento Sostible (ODS) incluídos na Axenda 2030  adoptada pola Asamblea Xeral da ONU o 25 de setembro de 2015.

icono ODS 16


En concreto, en relación ao ODS 16 “Paz, Justicia e Instituciones Sólidas”, o compromiso do Concello de Vigo é absoluto. Tanto é así, que na estrutura das áreas de goberno municipal fixada por Resolución de Alcaldía do 18/06/19, estableceuse como competencia explícita da Área de Contratación, Patrimonio e Xestión Municipal o Goberno Aberto e os Obxectivos do Desenvolvemento Sostible (ODS).


Esta competencia xeral concretouse na Resolución de Alcaldía do 26/06/19 nas seguintes competencias específicas:


En materia de Goberno Aberto e Transparencia:

  1. Implantación, desenvolvemento e execución das políticas públicas de Goberno Aberto, promovendo a súa transversalidade no conxunto da organización municipal.
  2. Impulsar o desenvolvemento da política municipal en materia de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, velando pola adecuada difusión da información pública, mediante a publicidade activa no Portal de Transparencia e a publicidade pasiva, integrando os procedementos administrativos correspondentes.
  3. Planificar, deseñar e executar a estratexia municipal para garantir a implantación, desenvolvemento e execución das políticas públicas e obrigas legais en materia de transparencia e bo goberno, implicando e coordinando á totalidade da organización municipal no marco das súas áreas funcionais.
  4. Promover e coordinar as accións municipais para o cumprimento dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible dentro da Axenda 2030, así como os procesos de identificación, implementación e monitoreo.

 

Concello de Vigo - Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100