Escudo Concello de Vigo

Transparencia

Avaliación da Transparencia

Transparencia Internacional (TI), é unha organización non gobernamental a escala universal dedicada a combater a corrupción, congrega á sociedade civil, sector privado e os gobernos nunha vasta coalición global.

O "Índice de Transparencia de los Ayuntamientos" (ITA) constitúe unha ferramenta para medir o nivel de transparencia ante os cidadáns e a sociedade dos concellos españois, avaliando a transparencia dos 110 maiores concellos de España, e iso a través dun conxunto integrado de 80 indicadores.

As seis áreas de transparencia que se avalían no ITA son as seguintes:

  • Información sobre a Corporación municipal
  • Relacións cos cidadáns e a sociedade
  • Transparencia económico-financiera
  • Transparencia nas contratacións e costes dos servizos
  • Transparencia nas materias de urbanismo, obras públicas e medioambiente
  • Indicadores lei de transparencia

Coa aplicación dese conxunto de 80 indicadores, cada concello obtén unha puntuación individual, de forma que xorde un ranking ou clasificación do nivel de transparencia dos 110 concellos.

A través do ITA búscase, en definitiva, propiciar un maior achegamento dos concellos aos cidadáns, fomentando o aumento da información que estes reciben das corporacións locais, tanto sobre a situación dos propios concellos, como sobre as actividades que realizan, e tamén sobre as prestacións e servizos aos que poden acceder os propios cidadáns.

 

Concello de Vigo - Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100