Transparencia
Enténdese por información pública os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que obren en poder dalgún dos suxeitos que integran as Administracións Públicas e que fosen elaborados ou adquiridos no exercicio das súas funcións.
Según a Lei 19/2013, do 9 de decembro, de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno (LTBG), poderán exercer o seu dereito de acceso á información todas as persoas, nos termos previstos no artigo 105.b da Constitución española.
As persoas xurídicas poderán así mesmo exercer o seu dereito de acceso.
Si, pero o dereito de acceso ten límites cando supoña un prexuízo para:
Sen prexuízo do obrigado respecto aos límites derivados da protección de datos persoais nos termos recollidos no artigo 15 LTBG.
Nos casos en que a aplicación dalgún dos límites previstos no artigo 14 non afecte á totalidade da información, concederase o acceso parcial previa omisión da información afectada polo límite salvo que diso resulte unha información distorsionada ou que careza de sentido. Neste caso, deberá indicarse ao solicitante que parte da información foi omitida.
Presentando a solicitude no formulario establecido para o efecto:
En virtude de Resolución da Alcaldía de data 23/02/16, delegouse no concelleiro-delegado de Xestión Municipal, Patrimonio e Administración Electrónica, a competencia municipal para a resolución das solicitudes de acceso á información pública suxeitas á LTBG.
Así mesmo por resolución de data 17/02/2016 constitúese o grupo técnico de traballo de transparencia e acceso á información publica do Concello de Vigo.
Se, a solicitude poderá presentarse por calquera medio que permita ter constancia de: a identidade do solicitante, a información que se solicita, unha dirección de contacto, preferentemente electrónica, a efectos de comunicacións e, no seu caso, a modalidade que se prefira para acceder á información solicitada.
Se inadmitirán a trámite, mediante resolución motivada, as solicitudes:
Para o caso en que se inadmita a solicitude por concorrer a causa prevista no punto 4, o órgano que acorde a inadmisión deberá indicar na resolución o órgano que, ao seu xuízo, sexa competente para coñecer da solicitude.
Cando a solicitude non identifique de forma suficiente a información, pedirase ao solicitante que a concrete nun prazo de dez días, con indicación de que, en caso de non facelo, teráselle por desistido, así como da suspensión do prazo para ditar resolución.
O cidadán poderá consultar o estado da súa solicitude accedendo á sección "¿Cal é o estado da miña solicitude?" do Portal da Transparencia. Para iso, deberá identificarse electronicamente.
Se a información solicitada puidese afectar a dereitos ou intereses de terceiros, debidamente identificados, concederáselles un prazo de quince días para que poidan realizar as alegacións que estimen oportunas. O solicitante deberá ser informado desta circunstancia, así como da suspensión do prazo para ditar resolución ata que se recibiron as alegacións ou transcorrese o prazo para a súa presentación.
A resolución na que se conceda ou denegue o acceso deberá notificarse ao solicitante e aos terceiros afectados que así o solicitaron no prazo máximo dun mes desde a recepción da solicitude polo órgano competente para resolver.
Este prazo poderá ampliarse por outro mes no caso de que o volume ou a complexidade da información que se solicita así o fagan necesario e previa notificación ao solicitante.
Transcorrido o prazo máximo para resolver sen que se ditou e notificado resolución expresa entenderase que a solicitude foi desestimada.
Fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse reclamación perante o Valedor do Pobo de Galicia, nos termos e condicións do estabelecido no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno de Galicia, salvo naquelas ditadas polos suxeitos previstos no artigo 3.1.d) da citada lei, contra as que, conforme ao previsto na normativa básica, só caberá a interposición de recurso contencioso-administrativo.
A reclamación interporase no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo.
A reclamación perante o órgano independente de control terá a consideración de substitutiva dos recursos administrativos, así como un carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, segundo o artigo 28.2 da norma citada no parágrafo anterior.
Información adicional sobre el Consejo de Transparencia y Buen Gobierno
Formulación de queixas e suxestións sobre o acceso a información
Concello de Vigo - Servizo de Administración Electrónica
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 010 - 986810100