Escudo Concello de Vigo

Transparencia

miércoles 11 de diciembre de 2019

Transparencia

Premios e distincións

Premio Nacional de Comercio Interior destinado a premiar as actuacións de renovación urbana comercial.
Accésit Honorífico no Premio Nacional Comercio Interior (polas luces de Nadal) 2019

Mención Honorífica no Premio Nacional Comercio Interior (polas luces de Nadal) 2017

O Access City Award recoñece e celebra a vontade, a capacidade e os esforzos dunha cidade para ser máis accesibles, a fin de garantir a igualdade de acceso aos dereitos fundamentais; mellorar a calidade de vida da súa poboación e garantir que todos, independentemente da súa idade, mobilidade ou capacidade, teñan igual acceso a tódolos recursos e praceres que as cidades teñen para ofrecer.

Mención Especial no Access City Award da UE polo proxecto Vigo Vertical 2019

A distinción «Cidade da Ciencia e a Innovación», outórgase ás cidades que se distinguen no apoio á innovación nos seus territorios, definindo políticas, potenciando estruturas, institucións e empresas locais cun forte compoñente científico, tecnolóxico e innovador.


Cidade da Ciencia e a Innovación (categoría cidade de máis de 100.000 habitantes) outorgado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades 2019

A OCU realiza periodicamente un estudio sobre a limpeza viaria das cidades españolas. Esta enquisa realizouse en 1995, 2000, 2007, 2011 e 2015. No ano 2019 foron enquisados 5.260 veciños de 60 cidades españolas, incluído tódalas capitais de provincia.

Valoración OCU cidade máis limpa de España 2019

Os Premios Galicia de Enerxía que concede o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, nas súas diferentes modalidades, recoñecen a persoas, empresas e actuacións realizadas durante o último ano relacionadas coa enerxía en Galicia.

Mellor proxecto de Iluminación nos VI Premios Galicia Enerxía 2019

A asociación sen ánimo de lucro, Premios CIUDADANOS co obxectivo principal de difundir valores, convoca de xeito periódico os Premios Ciudadanos que, tras numerosas edicións realizadas con grande éxito, conseguiron afianzarse como un referente nacional e internacional no recoñecemento a proxectos, institucións e traxectorias.

Premio Ciudadanos 2019 en recoñecemento a súa estratexia de Vigo Cidade Intelixente.

Premio Ciudadanos polas becas de inglés 2010

Galardóns Menina concedidos pola Delegación do Goberno de Galicia en recoñecemento da loita contra a violencia machista.


Mención honorífica Premios Meninas 2018 Traballo Policía en Violencia de Xénero 2018

Os Premios NovaGob Excelencia recoñecen e visibilizan, desde 2015, as boas prácticas das Administracións públicas en distintas áreas da xestión pública.


Premio Novagob ao grupo de traballo de Integridade na Contratación Pública 2018

Concurso de Escobas del Prata, Oro e Platino para valorar e distinguir aquelas actuacións e traballos que se teñan realizado para mellorar ou defender a xestión dos residuos, a limpeza e o aseo urbano en xeral das nosas cidades e industrias.

Escobas platino 6 consecutivas desde 2008. Premio Bianual 2018 Concurso Escobas de Prata, Oro e Platino

Bandeira Azul é un galardón anual e un sistema de certificación da calidade ambiental desenvolvido pola FEE (Foundation for Environmental Educatios) desde 1987. Promove e premia a participación en iniciativas ambientais voluntarias das autoridades municipais, a poboación local e visitante e os axentes do sector do turismo.

12 Bandeiras Azules en 2018

O Certame de Boas Prácticas premia accións e proxectos concretos promovidos polos Gobernos Locais ou por entidades sociais de diverso tipo (centros educativos, asociacións, fundacións, AMPAS, etc.) cun enfoque de dereitos de infancia, centrados na Convención sobre os Dereitos do Neno e dirixidos a impulsar o benestar da infancia e a adolescencia.

Premio no VII Certame de Boas Prácticas de Unicef en políticas locais de infancia 2016

O Turismo Familiar é unha das liñas de traballo da Federación Española de Familias Numerosas (FEFN), que creou un Selo de Turismo Familiar para distinguir e proporcionar os establecementos e destinos turísticos que aposten polo público familiar

Selo de Turismo Familiar da Asociación de Familias Numerosas 2016 Federación española de familias numerosas

Premios Semana Española de Mobilidade destinados a tódolos concellos, organizacións, institucións e empresas, que participaran no proxecto Semana Europea da Mobilidade.

Prata na Semana Española de Mobilidade 2015

Premio Galicia pola Plataforma de Xestión Global Cidade Intelixente 2015

O obxectivo da Fundación Socinfo con estes Premios é divulgar proxectos de desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e Comunicación nas Administracións Públicas e empresas de Galicia.

Premio Smart City 2015

O obxectivo da Fundación Socinfo con estes Premios é divulgar proxectos de desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e Comunicación nas Cidades, especialmente baixo o concepto de Smart City, aplicadas nos servizos ao cidadán internamente para a mellora da eficacia.

Os premios as Boas Prácticas en Drogodependencia son unha iniciativa conxunta da Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas e da Federación Española de Municipios e Provincias (Femp) que ten como obxectivo dar a coñecer as mellores prácticas e promover a excelencia nos programas municipais de prevención de drogas.

Premio Boas Prácticas en Drogodependencias 2014

Os recoñecementos no CNIS premian o traballo realizado polos diferentes organismos en materia de Transformación Dixital

Premio proxecto referente en Administración Electrónica desde a Nube 2013

Estes Premios convócanse anualmente co fin de recoñecer e fomentar as mellores prácticas na conservación do patrimonio cultural tanxible e intanxible, estimular o intercambio de coñecementos e experiencias entre tódolos países europeos, incrementar o coñecemento e o aprecio polo patrimonio cultural europeo, e fomentar iniciativas similares mediante o poder do exemplo.

Mención especial nos Premios Unión Europea de Patrimonio Cultural – Europa Nostra 2012-Categoría Educación, Formación e sensibilización polo Percorrido Sensorial de Castrelos 201

Os premios COCEMFE entréganse a persoas, entidades ou institucións que colaboran estreitamente co colectivo das persoas con discapacidade en tódalas súas iniciativas e actividades.

Premio Cocemfe mellora da calidade de vida de discapacitados 2010

Os Premios Nacionais do Deporte fan un expreso recoñecemento de persoas e entidades que, ben pola súa directa actividade ou iniciativa persoal, ben como partícipes no desenvolvemento da política deportiva, contribuíron en forma destacada a impulsar ou difundir a actividade físico-deportiva.

Premio Consello Superior do Deporte 2009

 

Concello de Vigo - Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

<