Transparencia
Neste apartado pódense atopar as Boas prácticas municipais do Concello de Vigo en materia de transparencia e bo goberno, desenvolvidas no marco das políticas públicas en execución do "Código de Buen Gobierno Local" subscrito polo Concello de Vigo, mediante acordo plenario de data 30/11/2015, e incorporadas ao "Banco de Buenas Prácticas" recoñecidas pola "Red de Entidades Locales por la Transparencia y la Participación Ciudadana" da FEMP, e o enlace á ficha correspondente.
Creación apartado últimos datos actualizados, como medida de impulso da difusión do contido do Portal de transparencia e simplificación do seu acceso por parte da cidadanía.
Introdución nos contratos municipais de cláusulas éticas de obrigado cumprimento para os contratistas, como instrumento para fortalecer a política de loita contra o fraude e a corrupción na actividade municipal.
Implantación dun sistema de accesibilidade web multifuncional nas webs municipais, como medida de mellora da accesibilidade á información por parte da cidadanía de forma xeral e con especial atención aos colectivos desfavorecidos.
Guía rápida de envío de información ao Portal de Transparencia, como medida para garantir un envío correcto e trazable de cada publicación.
Formulario de satisfacción do Portal de Transparencia, como medida de seguimento e avaliación do mesmo.
Implantación da xestión estandarizada das solicitudes de información pública
Observatorio de transparencia, con datos específicos sobre os accesos ao Portal de transparencia e ás distintas categorías de datos do mesmo.
Posta en funcionamento do rexistro electrónico de convenios, como ferramenta de publicidade e transparencia dos convenios.
Transparencia no control xudicial da actividade municipal, aportando unha maior seguridade xurídica sobre a mesma.
Grupo técnico de traballo de transparencia e acceso á información pública, como órgano de apoio na xestión municipal da publicidade pasiva e garantía cidadá no exercicio do dereito de acceso á información pública.
Publicación automatizada e actualizada dos contratos menores, incrementando os niveis de transparencia na contratación menor en relación ao período de actualización establecido legalmente.
Acceso electrónico inmediato aos expedientes da Xunta de Goberno Local polos membros da corporación, reducindo as cargas administrativas e mellorando as condicións no acceso á información.
Fichas técnicas de indicadores de transparencia, como instrumento de garantía e subministro da información publicada no Portal de transparencia.
Concello de Vigo - Servizo de Administración Electrónica
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 010 - 986810100