Transparencia
Publicidad activa
Que é a Publicidade Activa?
É unha información agrupada nas categorías definidas na lei, que as administracións públicas deberán publicar de forma periódica e actualizada para garantir a transparencia da súa actividade.
Neste Portal da Transparencia do Concello de Vigo facilítase o acceso dos cidadáns a toda a información institucional, organizativa, de planificación, de relevancia xurídica, económica, presupuestaria e estatística prevista na Lei correspondente ao Concello de Vigo e organismos autónomos.
Que información se publica no Portal?
A Lei regula a publicación das seguintes categorías de información no que se coñece como Publicidade Activa:
Información organizativa
- Funcións que se desenvolven nos organismos.
- Normativa de aplicación.
- Estrutura: organigrama con identificación dos responsables das unidades, o seu perfil e traxectoria profesional.
- Plans e programas anuais, obxectivos, grado de cumprimento e resultados.
Información de relevancia xurídica
- Directrices, instrucións, acordos, circulares, respostas a consultas (que supoñan unha interpretación do Dereito ou produzan efectos xurídicos).
- Anteproyectos de Leis ou de Decretos Legislativos.
- Proxectos de Reglamento.
- Memorias e Informes incluídos nos expedientes de elaboración de textos normativos.
- Documentos que deban ser sometidos a información pública.
- Punto de acceso para facilitar a participación pública no procedemento de elaboración de normas, en base ao establecido no artigo 133 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, para a transparencia, publicidade e participación no proceso de elaboración de normas regulamentarias.
- Inventario de actividades de tratamento, en base ao artigo 31.2 da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección dos Datos Persoais e Garantía de Dereitos Dixitais.
Información de contido económico
- Contratos.
- Convenios e encomendas de xestión.
- Retribucións e indemnizacións de altos cargos.
- Retribuciones de altos cargos.
- Subvencións e axudas públicas.
- Orzamentos.
- Contas anuais. Informes de auditoría de contas e de fiscalización.
- Resolucións de compatibilidades que afecten aos empregados públicos. Declaracións de bens, incompatibilidades e actividades dos membros da Corporación.
- Información estatística de grado de cumprimento dos servizos públicos.
- Bens inmobles.
Volver ao inicio
Existe algunha restricción á publicación da información?
En efecto. Poida que a información non poida publicarse porque afecte a cuestións sensibles como a seguridade nacional, a defensa ou a protección de datos persoais. Nestes casos, deberá comprobarse si, verdaderamente, a publicación afecta aos límites que a Lei prevé ou, para o caso dos datos persoais, si estes poden eliminarse do documento que se publique.
Volver ao inicio
Que ocorre si non atopo información no Portal?
En principio, a información máis relevante para o cidadán e de frecuente acceso estará dispoñible no Portal de xeito accesible, reutilizable e interoperable. Se o interesado necesita máis información ou necesita máis detalle, entón, poderase acceder ao servizo de solicitude de información pública que é un dereito regulado pola lei de transparencia e bo goberno. Este servizo atópase dispoñible no Portal.
Volver ao inicio