Escudo Concello de Vigo

Transparencia

Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOM) e os mapas e planos que o detallan

Consonte ao artigo 18 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, dentro do procedemento substantivo de adopción ou aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo, o promotor (concello de Vigo) presentará ante o órgano substantivo (órgano da administración pública que ostenta as competencias para aprobar o plan), xunto coa documentación esixida pola lexislación sectorial, unha solicitude de inicio de avaliación ambiental estratéxica ordinaria, acompañada do borrador do plan e dun documento inicial estratéxico. Na actualidade estase a elaborar a antedita documentación que forma parte do expediente administrativo tramitado en cumprimento do acordo do Pleno do Concello de Vigo de data 18.12.2015 polo que se inicia o procedemento de revisión do PXOU-93, dada a situación xerada pola sentenza ditada o día 10.11.2015 polo Tribunal Supremo, no recurso de casación nº. 1658/2014 que declarou a nulidade das ordes ditadas pola Conselleira da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas en data 16.05.2008 e o Conselleiro de Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en data 13.07.2009, aprobatorias do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo.

Acceso á documentación:

 

Concello de Vigo - Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100