Escudo Concello de Vigo

Transparencia

158. Estatísticas de cumprimento e a calidade dos servizos públicos

Acceso á documentación:

  • Grao de cumplimento da prestación dos servizos municipais

    Na carta de servizos do concello de Vigo para o servizo de Atención Cidadá, establecéronse, no seu segundo apartado, uns compromisos de calidade pautados a través de diversos obxectivos. Á fin de determinar o grao de cumprimento dos traballos feitos para alcanzar estes obxectivos, na mesma carta definíronse os indicadores de seguimento e avaliación que deben elaborarse para tal fin. A preparación destes traballos faise dende unha perspectiva plurianual, á fin de determinar a evolución ao longo dunha serie temporal das variables analizadas e a recompilación de información de primeira man dos veciños. O informe definitivo non estará concluso namentres non se obteñan todos os indicadores de seguimento e avaliación da calidade, porén, publícanse todas aquelas enquisas e material de apoio que se vai obtendo.

 

Concello de Vigo - Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100